por | Xan 14, 2019

A xira de Preoccupations pasará por Vigo

A banda de post-punk canadense Preoccupations pasarase pola Sala Radar de Vigo o próximo 27 de xaneiro para interpretar as cancións do seu último disco, New Material acompañados dos vigueses Kings of the Beach.

O son de New Material fórmase de texturas e atmósferas evocadoras debido ao peso do sintetizador e á presenza de reverberacións; un dos obxectivos do grupo era “facer un disco onde ninguén saiba nunca que instrumento está a soar”. Isto crea unha capa melódica á que se entregan as constantes voces que atopamos ao longo do disco. Aínda que presente un ton crepuscular, conta cunha produción moi limpa e con cancións moi popeiras e bailables, que se centran na repetición de pequenas figuras musicais.