por | Nov 29, 2018

O synth-pop de La Plata chega este venres á Coruña

teenage angst de La Plata sóbese ao escenario da sala Le Club en A Coruña mañá venres con SON Estrella Galicia. O concerto será ás 21:30h e a un prezo de 8 euros en compra anticipada ou a 12 euros na billeteira.

Teñen pouco máis de vinte anos, pero este quinteto valenciano evoca ao pop sintético escuro daquela “nova ola” dos anos oitenta, punto de partida, precisamente, da movida valenciana, que poñería o litoral mediterráneo no mapa da vangarda pop e a cultura de club internacional, antes dos manidos clichés da ruta do bakalao.

Tempos acelerados e melodías constantes con guitarras intensas non moi lonxanas das de Triángulo de Amor Bizarro, con quen comparten ao produtor Carlos Hernández, que traballou con eles no EP Un atasco (2017) e o LP debut Desorden (2018) que supón a confirmación desta xove banda dentro da escena pop independente estatal.