por | Nov 29, 2018

Grimes está de volta con ‘We Appreciate Power’

A produtora e cantante canadense Grimes está de volta co novo single titulado We Appreciate Power, coa colaboración de Hana, e un videoclip con estética cyberpunk dirixido pola propia cantante e seu irmán. Esta nova canción marca o primeiro adianto do disco que suporá a continuación do Art Angels, lanzado hai xa tres anos durante os que a cantante non abandoou os titulares dos medios en ningún momento a pesares de non ter lanzado nova música. Según Grimes a canción está inspirada pola banda norcoreana Moranbong e escrita dende a perspectiva da “maquinaria de propaganda dun movemento feminino pro-intelixencia artificial”.

Polo de agora semella que deberemos esperar música cun son moito máis agresivo e escuro, con influencias moi claras do rock industrial, algo que resulta inesperado pero que tampouco sorprende porque como xa sinalamos na nosa lista dos 10 discos máis esperados do ano, Grimes deixou claro en todo momento que non quere estancarse en un único estilo ou estética.