Bohemian Rhapsody

Director Bryan Singer
Guión: Anthony McCarten (Historia: Anthony McCarten, Peter Morgan)
Música: John Ottman
Fotografía: Newton Thomas Sigel
Ano: 2018

País: Reino Unido

Bohemian Rhapsody

Director Bryan Singer
Guión: Anthony McCarten (Historia: Anthony McCarten, Peter Morgan)
Música: John Ottman
Fotografía: Newton Thomas Sigel
Ano: 2018

País: Reino Unido

por | Nov 14, 2018

‘Bohemian Rhapsody’: Cando a narración pasa ao segundo plano

Nunca fun un grande fanático de Queen, pero como amante do rock, disfruto con gusto da súa música. Cando me enterei que se preparaba un biopic de Freddie Mercury protagonizado por Rami Malek, picoume moito a curiosidade, pois Malek é un actor moi particular, quizáis dunha maneira semellante á de Freddie no mundo da música. Cando saín da sala, o resultado final non me decepcionou. Pero tampoco me sorprendeu.

Pese á impecable actuación de Rami e á bonita cinematografía (a posta en escea do Live Aid é marabillosa) Bohemian Rhapsody erra, quizáis, nunha das cousas máis básicas do séptimo arte: contar unha historia. Dá a impresión de que ás veces se quere facer máis fincapé nas montaxes coas cancións da banda de fondo que na propia narración do filme.

O principal problema da película reside na súa propia estrutura: nun intento de condensar a vida de Mercury en dúas horas, Bohemian Rhapsody termina contando demasiado e, á vez, moi pouco. Constantemente se abren subtramas nas que apenas se afonda e, cando se resolven, non resultan satisfactorias en absoluto. Neste último punto cabe resaltar a relación de Freddie co seu pai. Só se alude unha vez vagamente á pouca fe que este ten no seu fillo, pero ao final hai unha escena de redención moi emotiva que non funciona. Desta mesma forma, o seu romance con Mary Austin, aínda que ten moita máis presenza durante a película, tampouco queda moi definida; e o seu estilo de vida desenfrenado, o que máis definiu a Mercury desde que comezou a xirar con Queen, queda diluído na historia da súa turbia relación con Paul Prenter, un “vilán” moi frouxo.

Cando mellor funciona Bohemian Rhapsody é nos momentos nos que Mercury, May, Taylor e Deacon están xuntos; na relación do protagonista coa súa banda. O proceso de grabación da canción que dá título ao filme, o pitch de A Night At The Opera ante o imperdible Ray Foster (personaxe ficticio que representa a múltiples cazatalentos que rexeitaron a Queen) interpretado por Mike Myers ou a súa reunión para o concertó do Live Aid son algúns dos mellores momentos que nos regala Bryan Singer neste filme. En especial a recreación do Live Aid (momento sobre o que pivota a historia que se conta), un epílogo épico no que Rami Malek e compañía recrearon á perfección unha das actuacións máis míticas da historia da música contemporánea.

En resumo, Bohemian Rhapsody consegue ser un filme entretido e disfrutable, con moitos momentos dedicados a rememorar os temas máis míticos de Queen, pero que ao querer abarcar demasiado na vida de Freddie Mercury, non logra contar unha historia que funcione por completo, unha mágoa pois o material de referencia e o reparto tíñano todo para construir unha experiencia audiovisual inesquecible. Ás veces paga a pena sacrificar a forma para mellorar o fondo.