por | Nov 12, 2018

Maria Arnal i Marcel Bagés despiden a súa xira este xoves na Coruña

Como parte do ciclo Selección Noroeste, o Teatro Colón da Coruña acollerá este xoves día 15 a Maria Arnal i Marcel Bagés en concerto.

O dúo catalán, que xa pasou polo Festival Noroeste Estrella Galicia este agosto cun directo no Castelo de San Antón, repetirá no ciclo coa última actuación da súa xira, na que compartirá os temas do seu primeiro disco 45 cerebros y 1 corazón (Fina Estampa, 2017).

O concerto será ás 20.30 horas e as entradas poden adquirirse a través de Ticketea.