por | Nov 8, 2018

Poesía, música e teatro na IV Festa da Palabra de Foz

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebra na sala de exposicións Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro.

O Cenima acolleu este mércores ás 20:30, o mesmo lugar e a mesma hora que todo o ciclo, a xornada inagural cun espectáculo poético musical a cargo do poeta Lois Pérez, onde deu a coñecer os traballos recollidos no seu libro Long Play.

A Festa da Palabra ten continuidade o xoves cunha lectura teatralizada do poemario de Manuel María Os soños da Gaiola, coincidindo co cincuenta aniversario da súa publicación, a cargo do grupo Touporroutou Teatro.

O último día, venres, serán protagonistas dúas poetas centrais nas súas respectivas promocións. Olga Novo, autora de libros como A cousa vermella ou Cráter, fixo parte da Xeración dos 90. Ismael Ramos é, con Lumes, un dos poetas de referencia da última poesía galega.