por | Nov 1, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Massive Attack reimaxinarán ‘Mezzanine’ en directo

Massive Attack teñen grandes plans para celebrar os 20 anos do lanzamento do seu clásico ‘Mezzanine‘. Ademáis dunha reedición remasterizada deste disco definitorio do xénero do trip-hop, haberá unha proposta para voltar a lembrar este disco se cadra todavía máis interesante. A xira Mezzanine XX1 permitirá revivir este traballo mediante unha produción audiovisual totalmente nova, coa participación de Elizabeth Fraser, cantante do single ‘Teardrop’, e deseñada por Robert Del Naja. Nesta xira tamén participarán outros colaboradores que se anunciarán próximamente.

O espectáculo re-imaxinará Mezzanine 20 anos despois do seu lanzamento, utilizando o audio personalizado reconstruído a partir das mostras e influencias orixinais. Esta xira internacional non pasará por Galicia pero a banda presentará esta proposta en directo en Barcelona, Madrid e Lisboa os días 16, 17, e 18 de febreiro respectivamente.

Massive Attack