por | Out 31, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Wire, a mítica banda de post punk, ofrecerá un concerto en Lugo

Os británicos Wire, un dos grupos de post punk máis influíntes da historia, darán a finais de novembro unha xira de seis datas polo Estado español, sendo Lugo a única parada en Galicia. O conxunto de Colin Newman estará de volta para presentar en primicia o material incluido en “Silver/Lead”, última referencia discográfica publicada polos londinenses hai pouco máis dun ano. O concerto en Lugo, organizado pola promotora e festival Fa Ce La, será o sábado 1 de decembro no Club Clavicémbalo, coa banda invitada Fábrica de Espejos. Entradas: https://bit.ly/2HInwAf

Wire