por | Out 31, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Rosalía estrea ‘Di mi nombre’

Rosalía estreou o seu novo single, o terceiro adianto do seu próximo disco El mal querer, que será publicado o venres 2 de novembro. Nesta nova canción, a cantante catalá segue a explorar a fusión do pop e o flamenco cunha produción de El Guincho na que tamén se atopan influencias do trap.

Neste novo vídeo, nomeado como ‘Capítulo 8: Éxtasis’, a cantante non colaborou de novo coa produtora CANADA. Desta volta, da realización encargouse Henry Scholfield, director doutros vídeos musicais como New Rules de Dua Lipa. A pesares deste cambio de equipa, a coidada estética visual de Rosalía mantense nunha peza filmada en plano secuencia na que a artista barcelonesa é a protagonista absoluta.

Rosalía