por | Out 31, 2018 | Música, Novas |

Nudozurdo dirán adeus en Lugo

Tras case dúas décadas de andadura musical e un total de cinco discos, a célebre banda de post-rock Nudozurdo sobe a un último tren con destino descoñecido. A formación madrileña despídese en Galicia cun único concerto nos vellos galpóns da estación de tren de Lugo. A actuación, promovida polo colectivo cultural lucense Tele-Clube, será o sábado 10 de novembro a partir das oito da tarde. As entradas xa están á venda a 12 euros no portal web Wegow e no bar Ho! Gruf.

Nudozurdo