por | Out 23, 2018 | Novas | 0 comments

Wasted, de Íntims Produccions, no FIOT de Carballo

A compañía Íntims Produccions chega a Carballo con Wasted, espectáculo co que xa fixeron xira por diferentes teatros de Cataluña e Madrid. Está dirixido por Iván Morales, e feito a partir dun texto da rapeira británica Kate Tempest, tendo grande importancia na obra o rap e o spoken word.

Wasted poderá verse o vindeiro 26 de outubro no Pazo de Cultura de Carballo, ás 21 horas. As entradas xa están á venda na plataforma Ticketea, a un prezo de 5 euros en entrada xeral e 2.5 euros para asociados e aboados.