por | Out 23, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Slipknot, os novos cabezas de cartaz do Resurrection Fest

O Resurrection Fest acaba de anunciar que Slipknot, a banda estadounidense de nu metal liderada por Corey Taylor será cabeza de cartaz da edición do 2019 do festival de Viveiro. A organización do festival asegurou que Slipknot foi o grupo máis solicitado polo público do festival ao longo da súa historia e que tras anos de nogociacións a banda voltará a Galicia dez anos despois.

Este anuncio chega soamente uns días despois de que o Resurrection Fest se vise envolto nunha polémica en relación a contratación de As I Lay Dying, a banda do cantante que tratou de asasinar a súa parella.