por | Out 23, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Nine Inch Nails estrean vídeo en directo para ‘Ahead of Ourselves’

Nine Inch Nails lanzaron un novo video en directo inmersivo desde a súa xira en curso Cold and Black and Infinite. Dirixido por Brook Linder e filmado en branco e negro, o videoclip sitúa aos espectadores enriba do escenario xunto a banda, de forma próxima e persoal ao mesmo tempo que frenética e perigosa. No video, Trent e a banda entregaron unha actuación punitiva e desbordada de ‘Ahead of Ourselves’ do seu recente disco ‘Bad Witch’, un dos nosos lanzamentos favoritos do que vai de ano.

Durante esta xira, Nine Inch Nails sorprenderon ao público interpretando algúns clásicos dos anos 90, como a totalidade do seu EP ‘Broken’ na estrea da xira e, máis recentemente o seu éxito de 1997 ‘The Perfect Drug’, pertencente á banda sonora do filme ‘Lost Highway’ de David Lynch. A xira marca a primeira vez que a banda realizou o frenético single en vivo.

Nine Inch Nails