por | Out 23, 2018 | Novas | 0 comments

Ezetaerre lanzan e presentan novo álbum o 7 de decembro

A presentación será na Sala Capitol de Santiago de Compostela, e estarán acompañados de Ira e Alto Asalto.

Ezetaerre, un dos grupos de rap combativo máis sonados do momento no país, lanzará o vindeiro 7 de decembro o seu segundo LP, Pólvora e Tormenta. O álbum contou ata o de agora cun sinxelo de adianto, do mesmo nome, que conta coa colaboración de High Paw á voz e letra e con Alberto García á trompeta. A base, como de costume no grupo, conta coa produción de Petrowski.

Para celebrar o lanzamento do seu novo traballo, Ezetaerre farán un concerto de presentación o mesmo 7 de decembro en Santiago de Compostela, na Sala Capitol, a partir das 19:30 horas. Xunto a eles, estarán a agrupación musical madrileña Ira, e o grupo compostelán Alto Asalto, que veñen de lanzar o seu novo traballo de estudo, Soños e Quimeras. As entradas xa están á venda no portal Musikaze a un prezo de 8 euros máis gastos de xestión.

Ezetaerre