por | Out 23, 2018 | Novas | 0 comments

A vangarda da música eléctronica chega a A Coruña co Fanzine Fest

O 1, 7 e 8 de decembro celebrarase en A Coruña a cuarta edición do Fanzine Fest. Ademais da habitual selección de artistas sonoros e visuais cunha gran habilidade artística, este ano o festival encherá a cidade de talleres temáticos, workshops con demostracións en directo, charlas-coloquio, DJ sets e outras propostas que buscan achegar ao público xeral á cultura musical e visual que rodea á escena electrónica de vangarda.

Entre o elenco de artistas que participan no certame atopamos nomes tan interesantes como o produtor británico Carl Finlow (aka Silicon Scally, Random Factor ou Voice Stealer), coñecido polas súas producións de electro publicadas en solos como Warp, Klang ou Novamute; o alemán Olaf Bender máis coñecido como Byetone, pioneiro do deseño sonoro da electrónica máis neboenta ou o veterano artista holandés Ferenc E. Van der Sluijs, alias  I-F, un dos nomes máis importantes do electro europeo das dúas últimas décadas.

Xunto a eles, tamén hai espazo para artistas emerxentes como os suízos Adolpho&Franky, un novo grupo de ADN techno, o músico e enxeñeiro de robótica Moritz Simon Geist, tamén coñecido como Sonic Robos e un dos creadores máis importantes da nova escena DIY alemá, ou o artista visual Juanjo Fernández Rivero co seu proxecto Gnomalab.

Completan o cartel varios artistas locais encabezados polos veteranos DJs coruñeses Grobas e Fat Fish; o produtor vigués José Garnelo co seu proxecto Pálida; a tamén coruñesa pero asentada en Lugo Xema Albo alias Elektrógena; o colectivo ourensán de house Dial formado por You_ell, Mou e @Psychodandy; o veterano DJ residente de Fanzine The Panic Room – Fanzine Records e o artista visual coruñés Vj The End

Durante tres días sucederanse os formatos de axitación cultural en diversos espazosde A Coruña como a sede de Fanzine (a produtora e selo musical organizador que cumpre 10 años), sumando ao habitual enclave da Sala O Túnel e outros espazos como o Teatro Colón ou a Fundación Luís Seoane