por | Out 22, 2018 | Novas | 0 comments

Ron Carter estará o 10 de novembro en Ourense. Entradas xa á venda

O famoso músico de jazz Ron Carter estará o vindeiro 10 de novembro en Ourense, en concerto, presentando o seu proxecto Foursight Quarter. Xunto a el estarán Rene Rosnes ao piano, Jimmy Greene ao saxo e Payton Crossley á batería. Ron Carter estará ao baixo. O concerto terá lugar no Teatro Principal a partir das 22 horas, e as entradas xa están á venda a través de Ataquilla.com, por 10 euros aos que hai que sumarlles os gastos de xestión. O concerto forma parte do Ciclo Galicia Importa.

Ron Carter ven de Ferndale, Michigan. Durante case sete décadas dedicadas á música, Carter é famoso polas súas habilidades ao chelo e ao contrabaixo. Tocou durante moito tempo con Miles Davis, no que foi o seu segundo quinteto. Entre outros cos que colaborou constan Chet Baker, Quincy Jones, Chick Corea ou Herbie Hancock. Tamén foi parte de colectivos coma os Sunbirds ou o V.S.O.P. The Quintet.