Thom Yorke estrea novo adianto da banda sonora de ‘Suspiria’

A canción formará parte do dobre disco que comporá a banda sonora do filme de Luca Guadagnino

Thom Yorke compartiu esta mañá “Has Ended” da banda sonora do remake de “Suspiria” de Luca Guadagnino. É o segundo adianto do álbum dobre tras o lanzamento de “Suspirium“. A banda sonora completa será lanzada o próximo 26 de outubro a través de XL.

“Suspiria” é a primeira longametraxe que contará coa música de Thom Yorke a pesares de que o músico británico revelou recentemente que estivo a piques de compoñer a banda sonora do filme de David Fincher “Fight Club”, un proxecto que sen embargo foi rexeitado polo agotamento tras a grabación do disco “Ok Computer”. Yorke lanzou unha serie de festas de escoita en certas cidades de todo o mundo para que os fans escoiten esta nova banda sonora completa de maneira anticipada.

Thom Yorke