Anna Calvi presentará ‘Hunter’ en Santiago de Compostela

A artista británica actuará o mércores 17 de outubro na Sala Capitol

Anna Calvi lanzou seu último disco de estudo, ‘Hunter‘, o pasado 31 de agosto. Producido por Nick Launay (Nick Cave, Grinderman) e grabado nos Konk Studios de Londres coa banda habitual de Anna Calvi formada pola multiinstrumentista Mally Harpaz  e Alex Thomas en la batería, así como con colaboradores tan destacados como Adrian Utley de Portishead nos teclados e Martyn Casey de The Bad Seeds ao baixo. Cun son máis visceral do habitual, o art pop da británica adquire neste disco a súa cara máis complexa e sincera.

Anna Calvi presentará en Galicia este novo traballo, celebrado tanto pola crítica internacional como polos seus seguidores, mediante un concerto na Sala Capitol de Santiago de Compostela o próximo mércores 17 de outubro de 2018 as 21:00 horas.

Anna Calvi