Dobrete galego de The Posies este sábado en Pontevedra e Lugo

The Posies, a histórica banda de power pop, cumpren 30 anos e van dar dous concertos en Galicia no mesmo día. Será o 6 de outubro cando Jon Auer, Ken Stringfellow e compaña estarán actuando na sala Clavicémbalo de Lugo (23:59), tras facelo previamente no Teatro Principal de Pontevedra (12:30).

Un dobrete galego que se enmarca na xira bautizada como The Posies 30th Anniversary Tour. Jon Auer / Ken Stringfellow / Mike Musburger / Dave Fox, the legendary lineup form “Frosting On The Beater” -en claro homenaxe ao seu disco máis emblemático-.

Os de Washington publicaron 15 álbums de estudo ata a data, sendo o último Solid States, do ano 2016. Con todo, os máis icónicos dos seus traballos son Frosting On The Beater (1993) e Amazing Disgrace (1996), polo que este 2018, para conmemorar o 30º aniversario do grupo, reeditan ámbolos dous traballos, ademais da súa segunda obra, Dear 23 (1990), tanto en formato de dobre CD como de LP de vinilo.

Entradas en Ataquilla e en Lugo tamén no Ho Gruf.

 

The Posies