por | Set 25, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Estreamos o novo de Sans Soleil, ‘Cobalto’. Primeiro álbum de estudo o 5 de outubro

Sans Soleil nace en Vigo no ano 2016 cando Laura León e Jairo Daponte deciden xuntarse para desenvolver un proxecto de música instrumental. Un ano despois únense á banda Lucas Roca ao baixo y Gian Franco á batería, engadindo novos matices e instrumentos ao seu son.

O grupo ten a súa base no son clásico do post-rock, incorporando influencias do ambient, drone e noise nas súas melodías. Algunhas das bandas elementais no seu imaxinario musical son Explosions In The Sky, This Will Destroy You, Mono ou Swans.

Variaciones cromáticas del Atlántico constitúe un percorrido a través das diferentes tonalidades e emocións que produce o océano e o que simboliza para cada individuo, unha dinámica que constitúe o concepto deste primeiro proxecto de estudo da banda galega. Balea Cultural ten o pracer de estrear en exclusiva o primeiro single do traballo, Cobalto. Foi gravado en Breaker Estudios con Eloi Pascual Nogué.