fotografía por Pedro Silva

Portamérica Día III: Xoel López, El Columpio Asesino, Izal…

O terceiro e último día de PortAmérica abriu as súas portas para recibir a Pardo, cantautor anclado entre a illa de Mallorca e Galiza, e o pop refinado e inxenioso do indie alternativo Luis Brea y el MiedoO público que viña disfrutando do festival os días anteriores viuse moi atraído polas propostas culinarias, ademais das xa mencionadas do ShowRocking, collendo forzas para o que agardaba nesta derradeira xornada. Opción mexicana para os máis picantes, brasas arxentinas, kebabs e incluso opcións veganas e vexetarianas.

Coa tripa chea e as pilas cargadas, continuou a gran festa en Caldas. O cantautor Jacobo Serra e os xa sonados no ShowRocking Pasajero deixaron bo sabor de boca para dar paso a banda de rock instrumental madrileña Los Coronas. Coma se dun grupo chegado do Western se tratase, versionaron “discos chungos de media tarde” con humor e escarnio, onde so o batería atreveuse a cantar pra nós.

Continuaron os rockeiros Shinova con pouco tempo pero con moito entusiasmo xa que Xoel López foi o dono de todas as miradas neste último día.

Presentando o seu último disco, “Sueños y Pan”, sen esquecer temas míticos con Deluxe e a súa inevitable conexión con América Latina, coido foi unha actuación chea de ritmos frenéticos, sons vocais e improvisacións onde o artista coruñés deu unha vez máis palabra do polifacético que pode chegar a ser enriba dun escenario. A sua humildade, elegancia e carisma co público e co seu grupo de músicos fixo que non esquezamos que a música indie é moito máis que unha moda pasaxeira. Xoel é un xaguar pero tamén o xoven poeta que quixo que descifremos a través da música as súas letras.

Para pechar a saga de pequenos concertos que se celebraron no ShowRocking, o propio cociñeiro Pepe Solla agasallounos coa guitarra algunhas pezas de Pearl Jam, poñendo fin a un exitoso evento de boas tapas e sobre todo, boa música.  A continuación We the Lion demostrou que dende Perú pódese conquistar o mundo ao son da xa típica banda sonora de Xogo de Tronos pero levado ao seu terreo, con instrumentais folk.

Por se Xoel López fose pouco para encher a carballeira, o outro gran esperado da noite, Izal, a banda de indie pop madrileña xa afianzada e recoñecida, puso a man no fogo polo seu público, e non errou, deron todo dentro e fora do palco. Pero sen menospreciar, os “nenos malos” do festival foron El Columpio Asesinodando unha volta de rosca máis ao que xa se presentía coma un final. Un final entre letras espiñosas, cun estilo moi persoal conseguiron achegarse a un público moi amplio pese a dureza das súas verbas. Son a mestura perfecta entre o punk e a electrónica, facendo de temas peliagudos auténticos hits bailables.  

Esta séptima edición do festival será histórica polas máis de 21.000 persoas que encheron o evento, esgotando entradas, prometendo dende a organización que por cada entrada se plantaría unha árbore nos montes galegos. Un ano máis servindo de ponte entre continentes, o festival PortAmérica afiánzase como unha das grandes propostas dos eventos estivais na Galiza, dando cabida a diversos xéneros musicais e á segunda gran protagonista, a gastronomía.