Select Page

Yung Beef cumpre a súa promesa e contraprograma a O Marisquiño

Tras ser apartado pola organización de O Marisquiño, Yung Beef prometeu un concerto gratis en Vigo o día que ía tocar. Cumpriu a súa promesa e non estará só. O referente da música urbana no Estado Español actuará xunto a Bea Pelea e MC Buseta, os dous artistas que rexeitaron ir a O Marisquiño en solidariedade co granadino.

Finalmente non será en Vigo senón na achegada localidade de Cangas do Morrazo. Yung Beef denunciou en redes sociais que o alcalde de Vigo, Abel Caballero “manda á súa mafia asustar as salas da cidade”. Tampouco será gratuito pero si moi económico: custará tres euros, a consumición mínima do local onde actuarán o autodenominado “verdadeiro movemento urbano”. En canto a horario, tampouco coincidirá co sustituto do andaluz no festival, Rels B.

Yung Beef