Select Page

Nova música de Aphex Twin

Aphex Twin, sen lugar a dúbidas un dos nomes máis interesantes e misteriosos da electrónica das últimas décadas está de volta. Tras varios días nos que se publicaron unha serie de teasers nas redes do artista, xa podemos escoitar T69 Collapse, o novo single de Richard D. James, que chega acompañado dun vídeo realizado por Weirdcore que acompaña á perfección os sons sintéticos e os ritmos mecánicos do IDM de Aphex Twin.

Este novo single non chegará só, xa que formará parte dun novo EP que levará por título Collapse e será lanzado o próximo 14 de setembro a través da discográfica Warp e que suporá a continuación do seu anterior traballo publicado no ano 2016, o tamén EP Cheetah.

Aphex Twin