Select Page

Morre Ernesto Chao

O actor galego Ernesto Chao faleceu hoxe aos 74 anos. Coñecido especialmente pola súa interpretación do personaxe Miro Pereira na mítica serie da TVG Pratos combinados emitida durante máis de dez anos, tamén participou recentemente en Fariña, onde interpretou ao expresidente da Xunta Xerardo Fernández Albor.

Ao longo da súa traxectoria actoral, Chao recibiu numerosos galardóns como o Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ao Mellor actor protagonista por Condenado a vivir (2002), o Premio de Honra Abrente no Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (2002) ou o Premio María Casares ao mellor actor protagonista por As últimas Lúas (2008). Tamén foi recoñecido co Premio de Honra Fernando Rey dos Mestre Mateo (2007) e o Premio de Honra do Festival de Cans 2010. Chao tamén dirixiu o Centro Dramático Galego entre 1986 e 1987  e foi presidente da Asociación Galega de Actores e Actrices.