Pontevedra acolle a videoarte de Agnès Varda

A sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá ata o 26 de agosto a mostra “Variacións ao redor do Mar” de Agnès Varda. Esta exposición contará con nove instalacións videográficas, ao redor de cen fotografías realizadas pola directora francesa e un ciclo de cinema no que se poderán ver varios dos seus filmes. Varda foi unha das creadoras da Nouvelle Vague e pioneira do cinema feminista. A cineasta foi galardoada co premio Oscar honorífico na última edición da gala da Academia de Hollywood.

Esta mostra poderá ser visitada no horario habitual de apertura da sala: De martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14h. Luns, pechado. A entrada é libre.