por | Xul 24, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Os Arctic Monkeys estrean videoclip para ‘Tranquility Base Hotel & Casino’

Os Arctic Monkeys continúan a promoción do seu novo disco cun novo vídeo musical. Tras a estrea do clip de Four Out of Five, o segundo single elexido pola banda é a canción que da título ao álbum, Tranquility Base Hotel & Casino. Neste novo vídeo dirixido de novo por Aaron Brown e Ben Chappell continúa a estética do cine americano dos anos 70, lembrando especialmente os planos e a fotografía dos filmes de Stanley Kubrick, nunha peza cargada de referencias ás letras do disco e que pretende representar en imaxes o concepto que a banda de Sheffield explorou no seu sexto traballo de longa duración.

Arctic Monkeys