Select Page

por | Xul 13, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

fotografías 1 e 2 por Ada Seoane

KADETTGSI, O Gato de Cheshire, Laurel Halo… Estas son as nosas seleccións desta semana.

Cada venres é unha data sinalada nos amantes da música, pois é o día polo que, por tradición e mercado, saen os novos traballos de estudo da maioría de artistas tanto a nivel nacional como internacional. Esta semana conta con novos traballos dos Dirty Projectors (con colaboracións de Haim, Rostam ou Syd, entre outras), un novo álbum de Rick Astley (o segundo despois do seu parón de 2005 a 2016), Amy Shark (primeiro álbum de estudo da australiana), The Vamps ou Lotic. Tamén destacamos, aínda que xa non toque esta semana, o novo EP de Erin (Comando Katana), pois tampouco o poderiamos ter destacado a semana pasada xa que viu a luz o domingo día 9. Con todo, saídos esta semana, destacamos os seguintes álbumes:

  • KADETTGSI – Scalextric: Unha das pequenas revelacións do panorama musical galego, os lucenses lanzan hoxe o seu primeiro EP, Scalextric. Nel atoparemos catro temas cheas de psicodelia e electrónica, á cal xa nos acostumaron e nos deron de probar en datas previas. No EP van incluídos o sinxelo Ciudad Termal e o adianto homónimo ao EP que podiamos escoitar o pasado 13 de xullo
  • O Gato de Cheshire – Conexión: No seu día os definimos como pureza e honestidade, e tivemos a oportunidade tanto de escoitar o traballo como de conversar con eles sobre el. Jonathan Balbuena e Ismael Cabaleiro lanzan Conexión, un álbum feito como un tributo para aqueles que camiñaron co Gato ata a actualidade. Ademáis, presentarano hoxe mesmo en Pontevedra, no espazo multidisciplinar Nemonon.
  • Laurel Halo – Raw Silk Uncut Wood: Xa sendo o seu quinto álbum en solitario, e con outros cinco EPs, Laurel destacar algo da obra da artista estadounidense de art-pop —afincada en Berlín— vólvese cada vez máis difícil. En 2017 lanzaba Dust, onde mesturaba ese art pop que a define de primeiras con IDM, electrónica ou Nu Jazz con moito tino.