Select Page

por | Xul 13, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Ezetaerre anuncian novo disco para este novembro.

Tras o lanzamento o ano pasado do seu primeiro LP de estudo, Aspiracións mínimas e urxentes, seguido pouco despois do EP 100, Ezetaerre anuncian o seu segundo álbum de estudo para o vindeiro 16 de novembro. Aínda non se sabe cal será o nome deste, mais cómpre destacar que, de comezo, o álbum virá da man dunha nova discográfica, a catalana New Beats. Os seus anteriores traballos saíron da man do colectivo galego Santa Guerrilla.

Ezetaerre é un grupo coruñés formado por Miguel García (Garchu), Juan Pirola e Pedro Iglesias (Petrowski), figurando o último como produtor principal do grupo. Así mesmo, Glitchgirl foi ata mediados de ano a súa DJ nos directos. O seu maior éxito ata o momento, Non é verán de Estrella Damm, saíu o pasado ano e contaba con Underclock como co-produtor. Este ano lanzaron un sinxelo pensado, de novo, para o verán, Esmorga Infertal.

Ezetaerre