Select Page

En tránsito: o fascismo en tempos de hoxe

Nestes días onde o tema dos refuxiados está en todo os telexornais co rescate por parte Estado Español do barco Aquarius -para dentro dunha semana volver a desaparecer da axenda mediática ata que haxa outro tema vendible-, é moi convinte falar da nova película de Cristian Petzold. En Tránsito é unha adaptación libre da novela homónima de Anna Seghers. O filme, situado en Marsella, mostra dúas temporalidades que se mesturan indiscriminadamente. Ao contexto actual coas problemáticas presentes súmanselle as características da Francia ocupada polos nazis de 1940, co éxodo xudeu  e  a ameaza de que os alemáns cheguen á cidade.

A película está protagonizada por Franz Rogowski que encarna a Greg, un home alemán que ve a oportunidade de fuxir a México tras a morte dun famoso escritor. Mentres, está en tránsito, como practicamente todo o mundo na cidade. Agardando a súa partida.  Petzold é un dos maiores expoñentes da Escola de Berlín, que ten como principal característica a inestabilidade das personaxes que as levan sempre a estar desarraigadas, en tránsito. O título da película vai máis alá do puramente descritivo.

O que fai importante á longametraxe é a mensaxe que artella a partir do encontro dos das dúas épocas. Plasma como ao mellor non é tan diferente a forma de actuar do fascismo alemán e a dos gobernos actuais cos refuxiados e o fai sen ser acercarse en absoluto ao panfleto. A imaxe recorrente  da policía actual actuando como a de outros tempos a verdade paréceme maxistral e moi ilustrativa. Outro acerto é o vestiario que é neutro e polo tanto non é identificativo de ningunha das dúas épocas que se amosan, permitindo así verosimilitude do seu universo.

Porén, non todos son cousas boas. Durante toda a película hai un narrador en terceira persoa cuxa identidade é ocultada. Búscase que o que espectador estea intrigado pero rapidamente pérdese o interese no misterio. Soamente se describe o que ocorre en pantalla, practicamente non engade nada novo. O resultado son unhas verbas innecesarias, coas imaxes enténdese absolutamente todo. É unha mágoa porque Petzold demostra saber transmitir a historia simplemente con imaxes nesas transicións. Deste xeito vese capado o seu talento por quizá facer máis mastigable o filme ao espectador medio.

En tránsito é unha obra necesaria nos tempos de hoxe onde o fascismo está a ter unha segunda etapa de esplendor en Europa. Onde é obxecto de debate se salvar a vidas humanas ou non. Onde parece que se esquece o pasado a pasos axigantados. A comparativa que pon Petzold sobre a mesa ven moi ao caso e como sempre se di, alguén tiña que facelo. Facer memoria do horror nunca é algo malo en ningún caso.

En tránsito


Director
: Christian Petzold
Música: Stefan Will
Guión: Christian Petzold (Novela: Anna Seghers)
Fotografía: Hans Fromm
Ano: 2018
País: Alemania

Neon Productions / Schramm Film