Select Page

por | Xuñ 30, 2018 | Novidades | 0 Comentarios

fotografía por Ada Seoane

Os 10 festivais galegos a ter en conta este verán

Hoxe, 30 de xuño, remata o Son do Camiño. Case 30.000 persoas disfrutaron cada día dos concertos que tiveron lugar no Monte do Gozo. Para ben ou para mal foi, sen lugar a dúbidas, o festival que máis deu que falar este ano en Galicia. Sen embargo a tempada de festivais galegos deste verán soamente acaba de comezar, e trae consigo outras moitas propostas musicais interesantes que non merecen ser esquecidas. Aquí vos deixamos as 10 que máis nos chamaron a atención.

10. Festival Revenidas 2018

O Festival das linguas que se realizara os días 17, 18 e 19 de agosto na vila mariñeira de Vilaxoán de Arousa xa está a piques de ter todo preparado para recibir ao público acolledor de todos os anos e a moito máis. O Revenidas é máis que un festival de música, e un festival cheo de cultura.

Contará con dous escenarios nun recinto pechado e cun espazo de acceso libre que contará con actividades de balde para todos os públicos. Cada ano o festival Revenidas sorprende e non deixa indiferente a ninguén. Este ano, aínda que faltan moitos artistas por confirmar, xa se pode asegurar que se poderá ver en concerto a Zoo, Ayax e Prok, Ezetaerre ou The Real Mckenzies, entre outros moitos!

9. Vive Nigrán 2018

Na súa primeira edición, o Vive Nigrán sorprendeu sendo capaz de sinalar unha nova cita obrigada nos festivais do serán galego. Na súa primeira edición pasaron por Galicia grupos divertidos e emblemáticos como Las Bistecs, Joe Crepúsculo, Marem Ladson ou BFlecha.

Cambiando de agosto a xullo, e celebrándose nesta ocasión os días 20 e 21 de xullo, o festival promete continuar coas boas palabras da primeira edición. Polo de agora, confirmáronse xa grupos como Esteban & Manuel, Cala Vento, Mujeres, Nathy Peluso ou Bigott, entre outros.

8. Psicotroita 2018

Coma se estivésemos a falar dun pequeno tributo a esas bandas que tanto nos gustaron e gustan en Balea Cultural, o Psicotroita 2018 ofrece, dende a inocencia e sen pretensións, o unha cita marabillosa para este verán. Celebrarase o vindeiro sábado 7 de xullo.

Para a súa cuarta edición, e como dicimos, estarán no cartaz grupos como Ataque Escampe, Atrás Tigre ou Hickeys, dos que xa falamos nalgunha ocasión na Balea e os cales nos marabillan a cada concerto deles ao que imos.

7. SonRías Baixas 2018

Durante o 2,3 e 4 de agosto en Bueu, celebrarase este festival tan especial onde se mesturan ascondicións da vila -moitas veces nunha fronteira difusa entre o natural e o urbano-, boa música epropostas gastronómicas que todo xunto forma unha experiencia diferencial.

O principal reclamo desta edición é a única data en Galicia da xira de despedida de La Raíz. Ademais da recoñecida banda valenciana os asistentes poderán desfrutar dos referentes do panorama euskaldún Berri Txarrak, Gatillazo e Evaristo, o seu incombustible vocalista; Terbutalina co seu garage punk engalego ou unha das grandes voces do underground arxentino, Sara Hebe.

6. Portamerica 2018

Un ano máis o Festival PortAmérica reafirmase coma un dos encontros interculturais máis interesantes do verán galego. Caldas de Reis acolle nun xardín centenario á beira do río Umia, unha convivencia musical e gastronómica entre diferentes nacionalidades, que une dende fai sete edicións sabores e sons nacionais e procedentes do outro lado do océano nun lugar privilexiado, con máis de cincuenta especies vexetais de todos os continentes.

Poderase disfrutar de artistas veteranos do festival como Xoel López, clásicos da música Indie rock española como Vetusta Morla, deixando un anaco para a música máis punk de El Columpio Asesino. Así como das propostas culinarias do ShowRocking, cun gran éxito nas pasadas edicións.

Este ano o festival demostra unha vez máis o diverso e ecléctico que pode ser, achegando grupos de estilos moi distintos entre sí, dende a música electrónica pop de Miranda!, o rock alternativo de Shinova e o reggae dub de Isseo&Dodosound.Sen dúbida o PortAmérica promete ser de novo unha das grandes propostas culturais da nosa terra, sendo un espazo único e fortuito para conectarnos co mundo.

5. Festival Osa do Mar 2018

Entre o 14 e o 18 de agosto Burela acollerá a V edición do festival Osa do Mar, desta vez con novidades. Todos os concertos serán gratuitos e terán lugar no centro da localidade, ben na Praza do Concello, ben ao longo dos locais de concertos de Burela. Tamén se espera que se celebren actividades paralelas as actuacións coa finalidade de complementar a oferta musical.

De momento entre os artistas confirmados para esta nova edición do festival Osa do Mar atopamos a Esteban & Manuel cos seus ritmos latinos, a mestura de música electrónica e folk galego de Baiuca e o garaxe-pop de Oh! Ayatollah.

4. Resurrection Fest 2018

Unha das citas ineludibles nos ambientes festivaleiros de Galicia é, sen dúbida algunha, o Resurrection Fest. Chegados a 2018, cumpre xa a súa décimo terceira edición. A Viveiro viñeron xa grupos da talla de Rammsteinn, Iron Maiden, Korn, Bullet for my Valentine ou Slayer, entre moitísimos outros moitos.

A edición deste ano celebrarase entre os días 11 e 14 de xullo, e contará con agrupacións musicais como Stone Sour, Scorpions, Kiss e Megadeth como algunhas das súas principais atraccións. Ademais disto, poderemos ver artistas galegas como Agoraphobia, Kathaarsys, Cuchillo de Fuego, Barbarian Prophecies, Vörtex, Golpe Radikal ou Hongo, entre outros.

3. Atlantic Fest 2018

Aínda que este 2018 o Atlantic Fest celebrará aínda a súa terceira edición, parece que leva moitos anos máis connosco. E, se ben non os leva, si que resulta palpable que se trata dun dos festivais máis atentos ao que se move no nacional e no internacional no mundo da música. Así, se ben en momentos pode semellar un festival máis de verán, convértese nunha das citas máis preciosas deste.

Este ano celebrarase entre os días 20 e 22 de xullo. No ámbito internacional as apostas fixasdo festival veñen da mán de grupos xa coñecidos como Kaiser Chiefs ou The Vaccines, e no nacional temos ao incombustible Iván Ferreiro. Xa como apostas máis atrevidas, o festival trae a Yung Beef, La Casa Azul, Christina Rosenvinge, María Arnal i Marcel Bagés, Iceage, D’Valentina, ou La Plata. No ámbito nacional, destacan Presumido, Esteban & Manuel, Bifannah, Jay, Rayotaser ou Mushu.

2. Festival Noroeste 2018

Do 7 ao 12 de agosto, o Festival Noroeste consegue algo case único: converter unha cidade enteira nun festival. Por toda a cidade da Coruña aparecen durante esas datas espazos nos que desfrutar dos concertos que trae consigo o festival. Así, en edicións anteriores puidemos desfrutar de concertos diúrnos e nocturnos en lugares como a Praza de Riazor, a Fundación Luis Seoane, ou o Teatro Rosalía de Castro, entre moitos outros.

Para a edición deste ano, o Festival Noroeste conta con artistas asentados en Galicia da talla de BFlecha, GLITCHGIRL, Hexany ou Playa Desmayo, sen esquecerse tampouco das grandes ofertas internacionais como Belle & Sebastian, Nathy Peluso, Za! ou María Arnal i Marcel Bagés. Unha oferta inesquecible nun festival moi pouco feito ao uso.

1. Festival Sinsal 2018

Non hai ningún outro festival en Galicia que se asemelle ao Sinsal. En parte esto débese á súa localización privilexiada na Illa de San Simón, situada no medio da ría de Vigo. O acceso ao recinto soamente se pode facer mediante viaxes en barco incluídas no prezo do abono. O outro factor que fai do Sinsal unha proposta única é o feito de que os asistentes soamente coñecerán o cartaz do festival no momento en que desembarcan na illa.

A edición deste ano do Sinsal terá lugar entre os días 26 e 29 de xullo. E se alguén todavía ten dúbidas respecto a se merece a pena achegarse ata un festival do que non sabes que concertos vas poder ver, pola Illa de San Simón teñen actuado anos previos artistas como Alt-J, Chelsea Wolfe e Of Montreal e algunhas das propostas nacionais máis interesantes como Triángulo de Amor Bizarro ou Linda Guilala.