Select Page

1. Festival Sinsal 2018

Non hai ningún outro festival en Galicia que se asemelle ao Sinsal. En parte esto débese á súa localización privilexiada na Illa de San Simón, situada no medio da ría de Vigo. O acceso ao recinto soamente se pode facer mediante viaxes en barco incluídas no prezo do abono. O outro factor que fai do Sinsal unha proposta única é o feito de que os asistentes soamente coñecerán o cartaz do festival no momento en que desembarcan na illa.

A edición deste ano do Sinsal terá lugar entre os días 26 e 29 de xullo. E se alguén todavía ten dúbidas respecto a se merece a pena achegarse ata un festival do que non sabes que concertos vas poder ver, pola Illa de San Simón teñen actuado anos previos artistas como Alt-J, Chelsea Wolfe e Of Montreal e algunhas das propostas nacionais máis interesantes como Triángulo de Amor Bizarro ou Linda Guilala.