Select Page

Do 7 ao 12 de agosto, o Festival Noroeste consegue algo case único: converter unha cidade enteira nun festival. Por toda a cidade da Coruña aparecen durante esas datas espazos nos que desfrutar dos concertos que trae consigo o festival. Así, en edicións anteriores puidemos desfrutar de concertos diúrnos e nocturnos en lugares como a Praza de Riazor, a Fundación Luis Seoane, ou o Teatro Rosalía de Castro, entre moitos outros.

Para a edición deste ano, o Festival Noroeste conta con artistas asentados en Galicia da talla de BFlecha, GLITCHGIRL, Hexany ou Playa Desmayo, sen esquecerse tampouco das grandes ofertas internacionais como Belle & Sebastian, Nathy Peluso, Za! ou María Arnal i Marcel Bagés. Unha oferta inesquecible nun festival moi pouco feito ao uso.