Select Page

por | Xuñ 28, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Valtonyc lémbrase de Suso Vaamonde na súa versión de Bella Ciao

O rapeiro Valtonyc sacou á luz xunto a Alegrià e Libertà unha nova versión do clásica canción antifascista “Bella Ciao”. Abre cun recitado que comeza cun contundente “por Suso Vaamonde”. O músico galego estivo exiliado do Estado Español durante os anos oitenta tras recibir unha condena polas letras da súas cancións. A mesma situación na que se atopa o rapeiro mallorquín na actualidade.

No tema mestúrase a clásica musicalidade moi coñecida da canción orixinal co rapeado de Valtonyc. Ten partes en galego, castelán, mallorquín e italiano. Ademáis, pecha cunha parte de “Ojalá”, a famosa canción do músico cubano Silvio Rodríguez.