Select Page

por | Xuñ 26, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Ringo Starr visitará A Coruña o vindeiro venres 29 de xuño

Este vindeiro venres día 29, o artista Ringo Starr, un dos catro Beatles, visitará a cidade de A Coruña dentro da súa xira estatal. O concerto será no Coliseum e virá acompañado da súa Starr Band, onde figurab músicos tan coñecidos como Steve Lukather (Toto) ou Gregg Rolie (Journey, Abraxas Pool).

Ringo Starr leva coa súa banda dende 1989. O seu último traballo de estudo data de 2017, e chámase Give More Love, o cal recibiu boas críticas da prensa especializada.

O concerto de A Coruña abrirá as súas portas ás 22:30, e están dispoñibles entradas dende 48 ata 75 euros. Están á venda en ticketea.