Select Page

Fariña é liberado do seu secuestro tras catro meses

Tras catro meses, Fariña (Libros del KO) -o libro do xornalista Nacho Carretero– foi liberado do secuestro ao que se viu sometido por parte da Xusticia española. A orde foi executada no seu momento pola denuncia do exalcalde da localidade pontevedresa de O Grove, José Alfredo Bea Gondar. Tanto o autor como a editorial foron denunciados por unha soposta vulneración do seu dereito á honra.

A Audiencia Provincial de Madrid levantou a medida tras a celebración do xuízo. Carretero mostrouse satisfeito tras a decisión e recalcou que o libro en ningún momento debería estar nesa situación. Fariña é probablemente o relato máis completo do narcotráfico galego e deu lugar recentemente a unha exitosa serie de televisión.