Select Page

por | Xuñ 25, 2018 | Libros, Literatura | 0 Comentarios

“De pé no océano” un berro lanzado ao vento

Esta obra de David Casal, que se pode ler nunha viaxe en tren, mostra precisamente iso, unha viaxe, por un mundo distinto, o seu propio mundo, e un mundo que se conformara na mente e quizais na alma dos seus lectores. É unha obra chea de sentimento e de intensidade agochado tras simples palabras en forma de poesía, pero apenas se pode pasar unha páxina sen encherse tamén de trazos políticos.

En De pe no océano podes vislumbrar todo un universo e especialmente podes renovarte ou renomearte. Incluso quizais reafirmarte tras ideas absolutamente firmes e certamente translucidas, pero continuamente presentes e fáciles de captar para o lector atento.

Ten unha aparencia colorida, moi chamativa que ánima a lelo con certa ledicia cun vistazo á portada, malia se o lector adica uns minutos a apreciar as brillantes ilustracións realizadas por Javier Blanco Armada descubrirá que non é sino quizais todo o contrario.

Unha estrutura perfecta, se ben non simétrica, pero si cunha clara dedicación na concreta colocación dos poemas; especialmente chegando ao final, onde nos atopamos coas súas eleccións finais, cunha clara intención; oculta toda a imperfección propia dos sentimentos, de todas esas sensación que a miúdo ocultamos.

El non teme mostralas, sempre que aquel que o teña entre as mans estea disposto a aprecialas, a descubrilas e que podería chegar incluso a vivilas.

Mais non se pode deixar de lamentar a escasa profundización. Hai atisbos máis que continúos de revolución, que mostran unha moral activa que loita por diversas cuestións de índole politico-social, se ben algunhas moi mediáticas como o aborto ou o colectivo LGTB outras non tanto como guerras e morte que o ser humano parece eludir no seu día a día mostrándose  impasible ante a dor allea.

Pero non son máis que iso, atisbos. Pode que isto sexa o buscado pero de calqueira forma é unha auténtica mágoa decatarse de que non hai especificidade e tampouco forza nos argumentos que parecen asomarse pero non rematan de saír.

Isto nos leva a darnos conta de que De pé no océano pode que sexa máis unha revolución introspectiva, que mira cara o seu interior, e que malia tocar temas de carácter externo estes non estean ben mostrados cara o lector. Quen si recibira unha achega extrema de sentimentos, pero non de ganas de cambio e revolución.

Con isto podemos dicir que é unha obra considerablemente plana. Non varia segundo se pasan as páxinas. Isto pode dunha banda considerarse algo positivo dado que non ofrece puntos de desinterese, pero tamén negativo xa que non consegue afianzar ao lector en ningún punto, manténdose estable en todo momento.

Hai que remarcar que non se pode deixar de ter en conta que non é un relato longo, senón unha construción de pequenos relatos, o cal dificulta a posibilidade de crear unha expectativa nos ollos de quen o mira. Con todo non se pode rematar sen dicir que si destaca ese final nese senso, dadas as súas escollas para o mesmo así como pola forza e a intensidade que transmiten. Unha queixa, un berro lanzado ao vento, quizais esa sexa a súa mellor descrición.

De pé no océano


Autor
: David Casal
Ano: 2018
País: Galicia
ISBN:978-84-9183-931-6

 

Círculo Rojo