Select Page

Mourn – Sorpresa Familia

15/06/2018 • Captured Tracks

Mourn lanzaron seu primeiro disco no ano 2015 cando Jazz, Carla e Antonio tiñan 18 anos e Leia únicamente 15. Grabado en directo no estudo durante únicamente dous días, as guitarras disonantes e as voces cargadas de actitude que lembraban a Sleater Kinney e á PJ Harvey do Rid Of Me fixeron que moitas olladas a nivel estatal e mesmo internacional se pousaran sobre esta nova banda catalana.

Tres anos despois Mourn xa van polo seu terceiro disco, titulado Sorpresa Familia. Neste novo traballo non atopamos ningún grande cambio no son da banda sen embargo si que se nota en todo momento que o cuarteto soan máis despreocupadas e seguras de si mesmas que nunca. Dende o arranque con Barcelona City Tour, o primeiro single estreado pola banda para promocionar este disco, percíbese ese tono irónico, ata certo punto sarcástico presente tanto nas letras como na instrumentación. En Fun at the Geysers Mourn exploran esta mesma idea nunha canción na que o estilo disonante da banda consegue dalgunha maneira soar máis melódico e accesible ca nunca sen desvirtuarse o máis mínimo.

Pistas como Skeleton ou Thank You for Coming Over son unha mostra de todo o que poden ofrecer Mourn a día de hoxe, guitarras que se entrelazan, ritmos enérxicos e unha actitude punk que se sinte auténtica en todo momento. O comezo de Candle Man por outra banda amosa a cara máis calmada de Mourn na que destacan algunhas harmonías vocais de grande beleza.

O ritmo baixa todavía máis en Orange mentres que o reverb cobre as pistas das voces e das guitarras dando moito protagonismo a un baixo moito máis melódico do habitual. O peche con Sun trae consigo algunhas das guitarras máis distorsionadas de todo o disco, nunha canción pausada pero enérxica e capaz de transmitir moita intensidade e un ambiente algo máis escuro.

Áinda que para ser o terceiro disco da banda Sorpresa Familia non supoña ningunha revelación, si que supón unha confirmación de que este cuarteto tan novo segue a facer do rock máis fresco e interesante que hai agora mesmo no Estado español e que todavía teñen moito por ofrecer.

Mourn