por | Xuñ 5, 2018 | Espectáculos, Novas | 0 comments

Galicia Escena Pro achegará 17 espectáculos a 4 escenarios en Compostela

Compostela acollerá entre o 11 e o 14 de xuño a sexta edición da feira de artes escénicas

A web de Galicia Escena Pro, a feira de artes escénicas organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, xa ten dispoñibel o programa da sexta edición do evento. Entre o 11 e o 14 de xuño vindeiros, catro escenarios de Santiago de Compostela acollerán un total de dezasete funcións a cargo doutras tantas compañías do país. Canda a elas, no encontro daranse coñecer outros dez proxectos en formato pitching.

En canto aos espazos, o Salón Teatro acollerá as representacións de Gaia, de Entremans na mañá do día 11 e de Paula Quintas con Plastic na noite desa mesma xornada. O martes será Ensalle con Procedimientos ante el vacío quen suba ao escenario, metres Javier Martín e o seu Método negro actuarán o día 13 e Ibuprofeno Teatro amosará a súa Casa O Rei o 14.

A Fundación SGAE, pola súa banda, achegará os espectáculos Bathtime de Katarsis (día 11), A galiña azul de Tanxarina e Salvador de Borja Fernández o 12, Planeta Ardora de Trompicallo e Patapum de Elefante Elegante o 13 e Soñando a Pinocho de Tartana o 13.

No Auditorio Abanca, pola súa banda, actuarán Contraproduccións con Fillos do Sol (día 11), Excéntricas con Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira (12), A Panadaría con Elisa e Marcela (13) e Elahood con La soledad de Wally.

Por último, o Teatro Principal acollerá cada día unha función a cargo de Talía Teatro, con O servidor de dous amosSarabela Teatro que representará O rei morreLa Estampida con Lo nunca visto e eme2 producións que leva a escena A Leituga.