A banda de culto Shellac traerá o seu noise a Coruña

Dentro do ciclo de SON Estrella Galicia e da man da promotora, selo discográfico e tamén festival WORK ON SUNDAY, este mércores 6 de xuño a banda de culto SHELLAC chega ao Playa Club da Coruña no que será o seu segundo concerto en Galicia, oito anos despois da su actuación en Vigo no 2010.

Este famoso trío de Chicago fórmano Steve Albini (Big Black), coñecido por ter gravado a músicos tan mundialmente sonados como Pj Harvey, Pixies, Nirvana ou Jawbreaker; Bob Weston (Mission of Burma) e Todd Trainer (Brick Layer Cake), tendo nesta ocacasión como teloneiras ás francesas Decibelles, outro ruidoso trío de inspiración riot grrrl.

“Shellac é unha das bandas que mellor resume a esencia da música independente: salvaxes, insobornables e donos dun dos directos máis implacables que se poden ver sobre un escenario”, explican os promotores. Pola súa parte, Decibelles son un trío de Lyon que mesturan ruido, punk e pop “nunha explosión de son arrasadora que se burla de toda descripción”.

O concerto dará comezo á 21,00 horas, “puntualísimo”, segundo os organizadores. Entradas anticipadas en Portobello DiscosTicketeaSON Estrella Galicia WORK ON SUNDAY.

Shellac