Select Page

I Feira do Libro de Poesía “Paco Souto” en Malpica

O Mercado Municipal de Malpica acolle esta fin de semana a primeira edición da Feira do Libro de Poesía Paco Souto. A Asociación Cultural Caldeirón, co apoio do Concello de Malpica e da Asociación Cultural Malante, organiza este encontro en homenaxe ao poeta local, percebeiro e activista cultural falecido hai agora un ano. As librarías Chan da Pólvora de Compostela, Sisargas da Coruña e Miguens de Malpica instalarán os seus postos de venda, mentres o evento contará coa presenza de autores como Viki Ribadulla, Peter Kramer, Abraham Vila, Mon Lendoiro e Milagros Cotelo, Rosalía Fernández Rial, Andrés Mourente, Eduardo Estévez, Marta Dacosta ou Xurxo Souto, que lerá o pregón do certame. Durante tres días, do 1 ao 3 de xuño, Malpica será capital do xénero.