I Mostra de Curtas Sociais no cinema NUMAX

O cinema NUMAX acolle hoxe ás 21:15 a I Mostra de Curtametraxes Sociais organizada polo Concello de Santiago en colaboración coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento dentro das actividades de #CompostelaMáisSolidaria, que están a ter lugar na cidade dende o 25 de maio ata o 15 de xuño.

A escolla de curtametraxes, unidas polo seu marcado compromiso social e político, atinxe temas como o racismo, as migracións, os abusos contra a infancia ou a violencia machista. As fitas teñen todas elas unha contrastada calidade con importante percorrido en festivais internacionais. Un dos seus autores, Álvaro Gago, xunto ao profesor e cineasta Xes Chapela, manterán ao remate da sesión un coloquio co público asistente.

Na sesión proxectaranse as curtas DamianaToute le monde aime le bord de la merA Drowning ManMatria (podes ler aquí a nosa reseña) e Try Outs.