O cinema Numax proxectará 17 filmes restaurados de Ingmar Bergman

O cinema Numax de Santiago de Compostela celebrará o centenario do nacemento do director sueco Ingmar Bergman cunha retrospectiva á súa obra en colaboración coa Ingmar Bergman Foundation e A Contracorriente Films na que se proxectarán 17 filmes en versión orixinal e por primeira vez restaurados en calidade 2K. Estas proxeccións terán lugar entre o 12 de xuño e o 11 de decembro con pases únicos os martes.

12 de xuño
Un verán con Mónica (Sommaren med Monika, 1953)

26 de xuño
Sorrisos dunha noite de verán (Sommarnattens leende, 1955)

10 de xullo
O sétimo selo (Det sjunde inseglet, 1957)

24 de xullo
Amorodos salvaxes
(Smultronstället, 1957)

7 de agosto
O rostro
(Ansiktet, 1958)

21 de agosto
O manancial da doncela
(Jungfrukällan, 1960)

4 de setembro
Como nun espello (Såsom i en spegel, 1961)

18 de setembro
O silencio
(Tystnaden, 1963)

2 de outubro
Persona
(Persona, 1966)

9 de outubro
A vergoña
(Skammen, 1968)

16 de outubro
A hora do lobo
(Vargtimmen, 1968)

23 de outubro
Paixón
(En passion, 1969)

30 de outubro
Gritos e murmurios
(Viskningar och rop, 1972)

6 de novembro
A frauta máxica
(Trollflöjten, 1975)

27 de novembro
Sonata de outono
(Höstsonaten, 1978)

4 de decembro
Documento sobre Fårö
(Fårö-dokument, 1979)

11 de decembro
A vida das marionetas
(Aus dem Leben der Marionetten, 1980)