por | Mai 30, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Estreamos o novo de Komodo: así soa ‘KMD I&II’

En 2015, en Vigo, nacía Komodo formado por Sergio Da Vila (batería), Manuel Bondad (baixo), César Corbacho e Mauro Borrazás (voces e guitarras). En 2016, e tras un tempo de ensaios e definición de estilos, os Komodo lanzaban o seu primeiro EP, Han Shot First, onde deixaban, en soamente tres cancións, todas de ao redor de seis minutos, moitos detalles de calidade. Un ano despois, en xuño, lanzarían o seu segundo EP, Quick and to the Pointless, con outras catro cancións como Out of Time ou Puma Pride.

Agora, chegados a 2018, lanzan KMD I&II, onde recollen todas as cancións dos dous EPs e lanzan, ademais, un novo tema: Molen Beer. Trátase do primeiro tema composto pola banda, e ven este traballo como unha forma de pechar a primeira etapa do grupo. Todos os temas están producidos por Eloi Pascual, e a portada do álbum é obra de Iria Loira.

Komodo son psicodelia, post-rock e rock progresivo. Dende Balea Cultural, agradecemos a oportunidade que o grupo nos brinda, pois estamos a estrear o traballo dende a nosa plataforma. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós.

Komodo