por | Mai 24, 2018 | Música, Novidades |

Unha nova edición do ciclo ‘Do audible’ achegará concertos a catro vilas

Tui, Ourense, A Coruña e Lugo acollerán, do 25 de maio ao 10 de novembro, os catro concertos que ofrece a sexta edición da iniciativa

A igrexa de Santo Domingo de Tui acolle este 25 de xuño a primeira sesión do ciclo Do audibleKontakte de Karlheinz Stockhausen abre a sexta xeira deste programa que coordina o colectivo Vertixe Sonora da man da Consellaría de Educación. Ata o vindeiro 10 de novembro, outros tres recitais achegarán propostas musicais contemporáneas a Ourense, A Coruña e Lugo. Na Cidade das Burgas o 14 de xuño a antiga capela do campus universitario de Ourense albergará o recital de, Natascha Gangl, canda ao dúo electroacústico Rdeča Raketa. O 23 de Outubro será no paraninfo da Universidade da Coruña, onde se celebra a actuación do Manifesto Gutai mentres o Vello Cárcere de Lugo será o escenario, o 10 de novembro, de Koan, con Elliot Simpson.

Para máis información consulta a presentación de Do audible na web da Consellaría de Cultura.