por | Mai 24, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Johnny Jewell saca un novo disco para festexar o aniversario do retorno de ‘Twin Peaks’

Johnny Jewell, líder de Chromatics que foi un dos grupos afortunados en pasar polo Roadhouse de Twin Peaks, publicou onte Themes For Television, un álbum que reúne 21 temas das 6 horas de material que o norteamericano entregara para a banda sonora de Twin Peaks: The Return.

A publiación coincide co primeiro aniversario da estrea dos novos episodios da serie dirixida por David Lynch e xa se pode escoitar ao completo en Spotify ou ver o vídeoclip que preparou para acompañar a un dos temas.

Á marxe deste lanzamento, espérase que Chromatics saquen o seu novo disco, a versión definitiva e cambiada de ‘Dear Tommy’, nalgún momento deste outono, tras ter sido destruidas todas as copias da versión anterior. Adiantouse o sinxelo ‘Black Walls’.

Johnny Jewell