por | Mai 21, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Non quero quedar na casa: Joana Serrat, Él Mató a un Policía Motorizado, Guadalupe Plata, Fa Ce La Fest…

Destacados

Joana Serrat ven de gravar con Israel Nash e Ted Young. Non o di calquera. Con eles, realizou o seu último traballo, Dripping Springs, que foi un dos traballos máis recoñecibles do 2017. Teremos a oportunidade de vela en dúas ocasións, pois ademais de pasarse por Ourense tamén estará no Fa Ce La Fest de Lugo.

Él Mató a Un Policía Motorizado é un dos grupos máis recoñecibles do panorama arxentino noise na actualidade. Estiveron fai relativamente pouco no país, no festival V de Valarés, e agora temos unha nova oportunidade de velos de novo. Será o vindeiro día 23 de marzo, na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Guadalupe Plata son un dos mellores artistas da nosa xeración. Veñen de Xaén, e a súa música mestura rock, jazz, psicodelia, surf ou flamenco. Os seus discos, sempre homónimos, rematan por converterse nunha das mellores saídas do blues rock do ano. O seu último, data de 2017. Estarán tamén na Sala Capitol o vindeiro día 25.

Fa Ce La Festival 2018

Neste 2018 o Fa Ce aFest celebrará a súa terceira edición. Entre os días 25 e 26 de maio, Lugo tornarase de amarelo para recibir a Señor Chinarro, Apartamentos Acapulco, Rufus T. Firefly, Carolina Durante, Doctor Explosion, Joana Serrat, Papaya, Las Ruinas, Atrás Tigre, Berta Franklin, Kadett GSI, Sigilu, Esteban & Manuel, Músculo, Indomable e Abuela Te Quiero.

As entradas continúan á venda en Ticketea, onde podedes atopar entradas para o festival a 20 euros (as diarias) e 30 euros o abono para os dous días.

Axenda Completa

22/05/18
Peter Broderick – Ourense (Liceo, 20:30)

 

23/05/18
El Mató a un Policía Motorizado – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 20:30)
Lucas Coman – Ourense (C.C. Auriense, 21:30)
Kenny Garrett – Ourense (Café Latino, 23:00)
The Muggs – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 21:30)

 

24/05/18
DelRio – A Coruña (BâBâ Bar, 21:30)
Gwendal – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)
Rebeca Jiménez – Ourense (Liceo, 21:00)
Antonio José – Ourense (Praza Maior, 22:30)

 

25/05/18
Stiff Marbel – A Coruña (BâBâ Bar, 22:00)
Eduardo Coma – A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 20:30)
Rebeca Jiménez – Santiago de Compostela (Sónar Pub, 22:30)
Guadalupe Plata – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 22:00)
O Sister! – Lugo (Clavicémbalo, 23:45)
Joana Serrat – Ourense (Café Pop Torgal)
MJ Pérez – Vigo (De catro a catro, 21:30)

 

26/05/18
Swing Café – A Coruña (BâBâ Bar, 22:00)
Rebeca Jiménez – A Coruña (Sala Mardi Gras, 13:00)
Romería Rock  2018 (El Último ke Zierre, Dakidarría, 13 Bats, Susie q’s, 33 Malandras e Nube Kingston) – O Carballiño
Fermin Muguruza eta The Suicide Of Western Culture – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)
ITH – Lugo (Clavicémbalo, 23:45)
Sés – Lugo (Auditorio Gustavo Freire, 20:00)
Pegas Negras – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:30)
The Skarnivals + Maskarpone – Pontevedra (Sala Karma, 22:30)
Trophaeum + Vieitör + Untides – Ourense (Swass, 21:30)
Sweet California – Vigo (Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, 19:00)
Grüvzilla – Vigo (La Pecera, 22:30)
Dallasgracias – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 23:00)

 

27/05/18
Sweet California – A Coruña (Palacio de la Ópera, 19:00)
Erja Lyytinen – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 21:30)
Princess Nokia – A Coruña (Inn Club, 20:00)