‘Por 13 razóns’: Crónica dunha morte anunciada

Esta serie ten algo, certa maxia ou magnetismo que fai que queiras expresar as túas opinións a raíz do seu visionado mesmo un ano despois de que fose estreada, ou que che fai plantexarte cousas, é dicir, non te deixa indiferente, e eso é sen dúbida algo bo. Por esta razón, agora que se acaba de estrear a (quizáis innecesaria) segunda tempada de Por 13 razóns, pensamos que é un bo momento para reflexionar en profundiade sobre a serie.

Dende o seu estreo houbo numerosas voces criticando a serie e seu obxectivo, ten suscitado polémica porque para moita xente a serie enfoca o suicidio de Hannah Baker dunha maneira perigosa, xa que pode dar a entender que en certa maneira ela é a gañadora, é dicir, que glorifica o suicidio. Tamén ten recibido críticas por certas escenas onde se inclúen violacións ou suicidios de forma bastante gráfica. En definitiva, que a serie non trata seu tema principal dunha maneira correcta.

Sen embargo para tratar estas cuestións sería convinte facer unha análise  do contexto, a idea principal, o tratamento e o público obxectivo da serie. Por contexto referímonos ao da persoa que ve a serie, as súas características sociaculturais e experiencia fronte ao bullying. Penso que unha persoa que está a sufrir bullying non debería ver esta serie. Quere dicir isto que a serie non sexa boa e que como din pode incitar ao suicidio? Para min non. Por que? Estamos falando dunha serie, dunha ficción, a serie non é nin un documental nin un programa de autoaxuda para persoas que sufren bullying, ademais de que en ningún momento se presenta a serie como tal, así que entendo que unha persoa que chegue nun estado actual neutro de cara ao bullying non debería ter ningún tipo de dúbidas.

Unha persoa enfrascada neste tipo de problemas non debería ver esta serie, pero tampouco outros moitos produtos de corte semellante. Pero, e tirando dun reduccionismo importante, de igual maneira que unha persoa mentalmente inestable non debería ver Shutter island. Dicir que Por 13 razóns induce ao suicidio é como dicir que Kill Bill incita ao asasinato ou á vinganza violenta. En ambas ficcións trátase o tema de maneira “molona”, ao ser o bullying un tema máis gris o que pode afectar a xente máis inestable (adolescentes) entendo que pode ser un erro de Por 13 razóns. Outro erro é o feito de non amosar saídas positivas, que é unha decisión cuestionable pero coherente co tono xeral da serie. Pero aínda así penso que, para que che afecte a serie nun cariz tan negativo, ou para que che induza a certas cousas, debes chegar nun estado de inestabilidade mental con respecto ao bullying e a ti mesmo xa moi forte.

O público obxectivo desta serie son aquelas persoas que viviron o bullying de cerca mais sen sufrilo en primeira persoa ou sen incitalo de maneira intensa, aqueles que se mantiveron neutros. E ahí é onde funciona a maior nivel. Ata que vin a serie, non me dera conta de que tiña terxiversado a miña propia conduta moral de cando era pequeno. Vivín rodeado de bullying, a un nivel lixeiro, pero consistente, e non desde a perspectiva dun acosado, senón que demasiado cercana ao papel de acosador segundo como o vexo agora. E, sobre todo, como suxeito pasivo do que ve e non di nada, ou do que difunde rumores, ou (sobre todo) do que fai “listas inocentes”. Esta reflexión sobre a miña vida e o bullying penso que é o exemplo do que a serie quere conseguir, de maneira que no meu caso, a serie logrou seu obxectivo, e quizáis por iso quedei con tan boa impresión dela.

O que non quita que teña fallos. Sobre todo ao reflexar a vida estándar dun instituto. Calquera sabe que a maneira de interrelacionarse nun instituto non é como se reflexa na serie. Tampouco me gusta moito a súa estética, que é super bonita. Pero claro, non pode ser súper bonita. Que a serie non deixa de ir sobre un suicidio. Non ten sentido que estén violando a Hannah nunha piscina de noite e que pareza que ten 50 focos ao redor para que todo se vexa perfectamente.

E aquí enlazamos con outra polémica, as escenas gráficas. Para min, son consecuentes co tema a tratar e a crudeza axuda a reforzar o sentimento e a idea que esconden as escenas. Sobre todo o suicidio (téñense filmado violacións de maneira máis gráfica). Penso que estas escenas tamén son mérito do contexto da serie, que ao final é como unha serie típica adolescente, na que meten estas dúas-tres bofetadas na cara, onde tes ganas de apartar a vista da pantalla. Teño oído críticas de que esto se pode interpretar ata como unha guía para cortarte as veas. Supoño que cando en calquera serie métense dez pastillas de calquera cousa non é unha guía porque é demasiado sinxelo.

Tamén habería que falar un pouco dos personaxes. Xa dixen que as súas interrelacións teñen unha coherencia bastante pobre, pero penso que se alonxan (algúns moito) dos prototipos de serie adolescente, e para isto non hai mellor exemplo que a propia Hannah. Que fácil sería poñela de víctima absoluta. Pero a serie acerta de novo ao facela un pouco insoportable e cercana a ser unha drama queen absoluta. Pero creo que é algo buscado. Pensemos un segundo. A serie ponnos na pel do agresor, identificámonos con calquera dos personaxes receptores da cinta, xa que os oímos paralelamente como éstos, como se fósemos un deles. Hannah é un personaxe guai ao principio. Irónica, sarcástica, simpática, pouco prexuiciosa… guai así en xeral. E ao ritmo que súa vida se torce, fan tamén que nos caia peor, vendo que ela fai cousas cuestionables e acercándose ao drama intenso moi fácil, ou sexa cansando ao espectador das súas merdas.

O que entendo que pode querer expresar a serie aquí, é algo que tamén pode suceder na realidade. Canto peor está a persoa que sofre bullying, tamén che pode caer peor, porque se volve unha persoa máis triste, escura e antipática (o normal, vaia) chegando incluso a culpabilizala da súa situación. A serie manipúlanos para que fagamos iso con Hannah, facéndoa insoportable. Colócanos no papel de persoa exterior que ve unha situación de bullying e que non fai nada, ou que, directamente, pensa que esa persoa cáeme mal así que qué máis dará. O que nos di a serie é que igual esa persoa cáenos mal porque a súa vida está no fango máis absoluto. Este tipo de cousas penso que fan á serie grande como produto audiovisual.

Para ir rematando, recomendo reflexionar sobre qué cinta somos cada un de nós. Eu véxome un pouco coma Alex. Penso que todo o mundo pode ser alguén, que todos os personaxes teñen puntos favorables ou ben decisións malas xustificables suficientes para que tampouco sexas moi duro contigo mesmo. Aínda que igual deberías selo.