por | Mai 19, 2018 | Literatura, Novas |

Nace A Viñeta de Schrödinger, nova revista de banda deseñada en galego

A coincidir co Día das Letras dábase a coñecer onte en Compostela a posta en marcha de A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística promove este proxecto que dirixe Kiko da Silva e que quere “dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as”. A nova cabeceira contará con periodicidade trimestral, 32 páxinas cor, encadernación en rústica e tiraxe de 1.500 exemplares a un prezo de 5 euros.

 

A primeira entrega, que sairá en xullo, contará con historias autoconclusivas de Miguelanxo PradoKohell, Miguel PortoAldaraJoan CasaramonaFonso BarreiroZaida NovoaMiriam IglesiasPablo PradoFran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M Fraga, Fernando Llor, Kiko Da Silva e portada de Miguel Robledo, e incluirá entrevistas a autores/as nacionais e internacionais da man de Roberto M. Sotomulo.

Visita a páxina web https://www.aviñetadeschrödinger.gal