Select Page

por | Mai 18, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Nine Inch Nails, Mourn, Melody’s Echo Chamber… Top semanal 11/05/18

Se ben quizáis o disco máis interesante estreado o venres pasado foi o de Beach House, esta semana viu marcada pola publicación do novo disco dos Arctic Monkeys, que eclipsou case por completo todos os demáis lanzamentos musicais. Non podía faltar polo tanto na nosa playlist semanal o single escollido finalmente pola banda para promocionar este novo discoFour Out Of Five. Así mesmo, Nine Inch Nails estrearon o primeiro adianto de Bad Witch, unha canción que semella ter unha grande influencia do disco Blackstar de David Bowie. Tamén tivemos novos adiantos dos discos de Melody’s Echo Chamber e Courtney Barnett, así como unha nova canción do cuarteto catalán Mourn que tampouco podía faltar no noso top semanal.

  1. Nine Inch Nails – God Break Down The Door
  2. Mourn – Fun At The Geysers
  3. Courtney Barnett – Sunday Roast
  4. Arctic Monkeys – Four Out Of Five
  5. Melody’s Echo Chamber – Desert Horse
  6. La Luz – Cicada
  7. illuminati hotties – Shape Of My Hands
  8. Sarah Louise – When Winter Turns
  9. Beach House – Black Car
  10. Axolotes Mexicanos – Doble Check
  11. Simian Mobile Disco – We Go