por | Mai 14, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Os Arctic Monkeys lanzan o primeiro single de ‘Tranquility Base Hotel & Casino’

O lanzamento do último disco dos Arctic Monkeys sen ser predecido por ningún single pillounos a todas por sorpresa, sen embargo tras poder escoitar este novo traballo todo cobrou máis sentido. Tranquility Base Hotel & Casino non é un disco de singles como si o era seu predecesor, o AM (2013).

Sen embargo unha vez xa lanzado o disco ao completo, os Arctic Monkeys lanzan o primeiro vídeo musical do disco, e a canción escollida é Four Out Of Five, quizáis a opción máis obvia xa que é a pista que conta cun estribillo máis pegadizo do disco. O vídeo, dirixido por Ben Chappell & Aaron Brown, reforza a proposta estética cinemática e setenteira do disco, cunha narración autorreferencial sobre a figura de Alex Turner.

Arctic Monkeys